jueves, 1 de enero de 2009

"O BNG quere eliminar o voto emigrante porque non consegue ese sufraxio"

Varela considera que a postura do PSdeG é a "máis coherente, ao propoñer que poida convivir o voto en urna, co voto por correo ou o voto electrónico"
Lugo, 29 de decembro de 2008.- O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, culpou hoxe ao BNG de "querer eliminar o voto da emigración" porque é un sufraxio "no que hai anos traballa" para ter presenza e "non o conseguiu". Varela replicou deste modo ao coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, que acusou os socialistas de "manter un dobre discurso para evitar esta reforma por intereses electorais". "A diferenza entre o BNG e o PSdeG é que nós queremos regular e o BNG quere eliminar o voto da emigración, porque é un voto no que hai anos que traballa para ter presenza e non o conseguiu, non consegue nos procesos electorais máis alá dun dous ou un tres por cento", acusou Varela, quen reprochou que ao Bloque "sinxelamente non lle interesa e pretende eliminar ese voto". O dirixente socialista condenou o "dobre discurso" do BNG, un o que manifesta "aquí" en Galicia e outro "fóra". Así acredita como en Arxentina, Uruguai ou Suíza, os nacionalistas "defenden os dereitos dos emigrantes e aquí os elimina". "Sería bo cando o BNG fose a Bos Aires ou Montevideo que lles dixesen aos emigrantes galegos o que din aquí en Galicia de que son uns votos vendidos ou vergonzosos", asegurou. Varela considera que a postura do PSdeG é a "máis coherente" ao propoñer que poida "convivir o voto en urna", co voto por correo ou o voto electrónico". "Tamén estudamos se nas eleccións municipais é necesario ou non a participación dos emigrantes", matizou.
http://www.psdeg-psoe.org

No hay comentarios: